Na Sala do Contencioso-Administrativo, sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 104/2025 (procedemento ordinario), interposto por Hernán Francisco Salazar León, contra a Resolución do 9 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocada pola Resolución do 26 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e se executa o veredicto xudicial firme que afecta a dita resolución de convocatoria (DOG núm. 242, do 17.12.2024), na categoría profesional de facultativo/a especialista en Obstetricia e Xinecoloxía.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
