DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0370/2024-PRE e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0370/2024-PRE e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 25 de febreiro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0370/2024-PRE

32788358H

Inicio

R/ Rodrigo Alfredo de Santiago, nº 54, portal 404, A Coruña

PSC-FE-0394/2024-PPM

32698017K

Inicio

R/ Ortigueira, 8, 2º esqda., Recimil, Ferrol

PSC-FE-0397/2024-PRE

32711078H

Inicio

Rúa Tomás Alonso, 126, 1º B, Vigo

PSC-FE-0400/2024-PPM

58022478X

Inicio

Portiño, bloque 2, 1º esqda., A Coruña

PSC-FE-0011/2025-PPM

32672547N

Inicio

R/ Mugardos, 8 , 2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0015/2025-PPM

52440391T

Inicio

Vivendas de Bazán, ptl. 1, 2º C, Ferrol

PSC-FE-0016/2025-PPM

32708040Q

Inicio

R/ Vivendas de Bazán, rúa E, portal 1, 2º C, Ferrol

PSC-FE-0018/2025-PPM

32697492W

Inicio

R/ Somozas, nº 2, 1º dta., Ferrol

PSC-FE-0019/2025-PPM

32689059X

Inicio

Rúa Alegre, 114, planta baixa, Ferrol

PSC-FE-0020/2025-PPM

32709112F

Inicio

R/ Fernando VI, bl. 1, portal 2, 4º B, Ferrol