DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se emprazan as seguintes persoas para seren notificadas por comparecencia (expediente 2024-IPPC-I-99).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación ás persoas destinatarias indicadas no anexo non se puidese realizar ou fose devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecidas ou estar ausentes, emprázanse para seren notificadas por comparecencia no procedemento de outorgamento da autorización ambiental integrada para a planta de fundición de chatarra de aluminio de Aluminios Cortizo, S.A., no concello de Coirós, provincia da Coruña.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da documentación que se lles require co obxecto de ser consideradas persoas interesadas neste procedemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

María José Echeverría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

Acto notificado

2024-IPPC-I-99

Jesús García Jove

Requirimento de documentación

2024-IPPC-I-99

Celestino Sánchez Seoane

Requirimento de documentación

2024-IPPC-I-99

Carmen Villar Fernández

Requirimento de documentación

2024-IPPC-I-99

Juan Antonio Ruiz Pérez

Requirimento de documentación

2024-IPPC-I-99

Alicia López Pardo

Requirimento de documentación