DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dunha área deportiva na Lagoa, no concello de Carballo (expediente 2024AAE2956).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 28 de febreiro de 2025 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dunha área deportiva na Lagoa, no concello de Carballo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2956).

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade