Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBTS. Lugar O Sisto, no concello de Santiago de Compostela; acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 3 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº predio |
Concello |
Lugar |
Datos catastrais |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
Santiago de Compostela |
Vella Morta |
Polígono 22, parcela 99 |
Ramiro Rama Andrade |
14.4.2025 |
10.15 |
