DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17023

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2025 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

Ao estar vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e ao ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terá a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretaría de dirección. Unidade de Xestión Administrativa da Xerencia.

Número de praza: PF000286.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 10.424,40.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de participación no procedemento de libre designación, convocado por Resolución da Xerencia do 5 de marzo de 2025

Datos persoais

DNI

Apelidos

Nome

Destino actual

Corpo ou escala á que pertence

Subgrupo

Teléfono:

Correo electrónico

Enderezo

Código postal

Localidade

Provincia

Posto que solicita

Denominación do posto

O/a que abaixo asina solicita ser admitido/a á convocatoria á que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

De conformidade coa Lei 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán incorporados pola USC no tratamento denominado Persoal cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e Seguridade Social e xestión de persoal.

O órgano responsable do devandito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela con domicilio social na praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela, correo electrónico: protecciondatos@usc.gal

Tamén pode poñerse en contacto co delegado de Protección de Datos da USC a través do enderezo electrónico dpd@usc.es

A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica 2/2023, do Sistema universitario e na Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia).

Poderanse ceder datos ás administracións públicas con competencias na materia, e nos supostos de obrigas legais.

As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm

Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar as reclamacións que consideren oportunas.

Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en

http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

…………………………………….,………. de…………… de 2025

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela