
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).
4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Cabana de Bergantiños (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de abastecemento a Nantón e Anós. Cabana de Bergantiños (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2024-0019 e clave do proxecto OH.215.1178. Referencia de expediente: AUG-2024-0048.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita á regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 44.706,82 euros. Importe total: 54.095,25 euros.
8. Valor estimado do contrato: 62.959,76 euros. Inclúe o orzamento de licitación (44.706,82 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (18.252,94 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 12 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 5 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).
11. Data da adxudicación do contrato: 18 de decembro de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 4.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 13 de xaneiro de 2025.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Técnica y Proyectos, S.A.
14.2. NIF: A28171288.
14.3. Enderezo: rúa Anxo Senra Fernández, 25, 1º, local 3. 15670 Culleredo, A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: coruna@typsa.es
14.6. Fax: 981 16 03 42.
14.7. Teléfono: 667 53 30 51.
14.8. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada.
Importe neto: 36.436,06 euros. Importe total: 44.087,63 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do dito Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 de España, en Galicia, na Intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e Subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información respecto do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre Contratación Pública.
20. Outras informacións.
– Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 26 de abril de 2024
– Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 19 de decembro de 2024
– Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 17 de xaneiro de 2025.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
