DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17230

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo a base I.2.8 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***9819**

Ameneiros Funcasta, María Belén

Libre

44

***3494**

Cascudo Villares, Mónica

Libre

44

***7040**

González Represas, Andrea

Libre

44

***1313**

Pazos Villaverde, María Lourdes

Libre

44

***5479**

Roca Torrealba, Mónica Josefina

Base I.1.1

44

44

Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal