DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 5 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 16 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cangas e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable situado no lugar da Rúa (expediente 2024AAE2951).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 4 de marzo de 2025, sobre a modificación puntual número 16 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cangas e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable situado no lugar da Rúa.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2951).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade