DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17330

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Mourelle-Bembrive

ANUNCIO da convocatoria de asemblea xeral ordinaria.

José Manuel Fernández Vila, con DNI ***5913** e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Mourelle-Bembrive, mediante o presente anuncio convoco o vindeiro día 12 de abril de 2025, no Auditorio do Centro Cultural Helios, ás 18.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 18.30 horas, en segunda, a asemblea xeral ordinaria, conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura das actas anteriores e aprobación, se procede.

2. Estado das contas do ano 2024.

3. Aprobación do orzamento do ano 2025.

4. Subvencións.

5. Cambio de directiva.

6. Recordatorio de fechas límite de ingreso de cota.

7. Suxestións e preguntas.

Vigo, 20 de febreiro de 2025

José Manuel Fernández Vila
Presidente da Comunidade de Usuarios de Mourelle-Bembrive