DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17279

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ao ano 2024.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 10 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte acordo que se publica no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na sede electrónica do concello dentro da epígrafe Oferta pública de emprego.

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vilanova de Arousa correspondente ao ano 2024 nos termos reflectidos no anexo do presente acordo.

Segundo. A publicación da convocatoria dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público deberá realizarse no prazo improrrogable de tres (3) anos, contados desde a data da publicación da presente oferta de emprego público, nos termos previstos no artigo 20.Dous.b) da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, e no artigo 70.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Vilanova de Arousa, 10 de febreiro de 2025

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

ANEXO

Persoal funcionario

Denominación do posto de traballo: administrativo/a.

Número de postos: 2.

Subgrupo: C1.

Escala/subescala: Administración xeral, subescala administrativa, técnico/a superior.

Tipo de provisión: promoción interna vertical nos termos previstos nos artigos 16.3.c) e 18 do EBEP e 80 da LFPG.