DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas dos procesos selectivos para a cobertura dunha praza de enxeñeiro/a de camiños, unha praza de delineante (arquitectura) e unha praza de delineante (enxeñaría).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, foron publicadas as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como a prazas reservadas á promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 258, do 8 de novembro de 2024, foron publicadas a convocatoria e as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura da seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de enxeñeiro/a de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A1, quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 266, do 18 de novembro de 2024, foron publicadas a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de delineante (Servizo de Arquitectura), encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B, quenda libre.

– 1 praza de delineante (Servizo de Enxeñaría), encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 11 de febreiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía 464/2024, do 19 de xaneiro,
modificado polo Decreto 4036/2024, do 30 de abril)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente alcalde delegado da Área de
Xestión Integral de Recursos Internos