Antecedentes:
No Diario Oficial de Galicia número 108, do 5 de xuño, publicouse a Orde do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2024/25, e se procede á súa convocatoria.
No Diario Oficial de Galicia número 165, do 28 de agosto, publicouse a Resolución do 14 de agosto de 2024 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2024.
Na dita resolución concedeuse:
– A Nela Sebio Mazás a praza de residente 1 en tecnificación na modalidade deportiva de loita. A deportista cursa 4º da ESO no curso 2024/25.
– A Sabela Fernández Ordóñez a praza de residente 1 en tecnificación na modalidade deportiva de piragüismo. A deportista cursa 4º da ESO no curso 2024/25.
– A Erika Martínez Tilve a praza de residente 1 en tecnificación na modalidade deportiva de atletismo. A deportista cursa un ciclo de FP no curso 2024/25.
– A Freixa Rey Domínguez a praza de residente 1 en tecnificación na modalidade deportiva de piragüismo slálom. A deportista cursa 3º da ESO no curso 2024/25.
As persoas representantes legais de Nela Sebio Mazás, Sabela Fernández Ordóñez, Erika Martínez Tilve e Freixa Rey Domínguez presentaron a renuncia ás prazas de residentes coas datas do 20 de xaneiro, 31 de xaneiro, 20 de xaneiro e 15 de xaneiro de 2025, respectivamente.
No anexo V.b) da Resolución do 14 de agosto de 2024 figura a listaxe de solicitudes denegadas do grupo de tecnificación para as instalacións do CGTD de Pontevedra (ordenadas por deporte e puntuación). Así mesmo, no anexo III da citada resolución figura a listaxe de solicitudes denegadas do grupo de tecnificación para as instalacións do CGTD de Pontevedra (por orde alfabética), con indicación do motivo de denegación.
Consideracións legais e técnicas:
O artigo 11.4 da Orde do 22 de maio de 2024 dispón:
«As baixas que se produzan unha vez publicada a lista definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito polo/a interesado/a ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.
As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes ás federacións nas cales se produzan as baixas e seguindo a listaxe de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.
No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita».
Con relación ás baixas presentadas no grupo de tecnificación, e seguindo os criterios do artigo 11.4 da Orde do 22 de maio de 2024, proponse cubrir as prazas cos deportistas que se relacionan a seguir e que figuran na listaxe de solicitantes non admitidos para tecnificación, das mesmas modalidades deportivas que as que causaron baixa, condicionado isto á dispoñibilidade de prazas segundo a organización dos cuartos por xénero e curso escolar:
• Loita: Álex López Dorribo-4º da ESO-home.
• Piragüismo: Henrique Paz Álvarez-3º da ESO-home.
• Atletismo: non se pode cubrir porque o único deportista non admitido é de 1º de bacharelato e a ratio nese curso está completa, segundo a Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A renuncia de atletismo cóbrese con natación: Celia López-Freire Francia-3º da ESO-muller, xa que, dada a situación anterior e por temas organizativos na residencia, só se pode conceder unha praza máis a unha deportista feminina, e seguindo criterios académicos das baixas, concédese una praza á primeira deportista na listaxe de non admitidos de 3º da ESO.
• Piragüismo slálom: non se pode cubrir porque o único deportista non admitido é de 1º de bacharelato e a ratio nese curso está completa segundo a orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Tendo en conta o exposto, de acordo co informe do CGTD e a proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,
RESOLVO:
Modificar a Resolución do 14 de agosto de 2024, pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD para a tempada 2024/25, e se procede á súa convocatoria, co seguinte contido:
Outorgarlles as prazas de residente 1 no grupo de tecnificación ás seguintes persoas deportistas:
• Loita: Álex López Dorribo-4º da ESO-home.
• Piragüismo: Henrique Paz Álvarez-3º da ESO-home.
• Natación: Celia López-Freire Francia-3º da ESO-muller.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do dia seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
