
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, dase publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais).
4. Código/s NUTS do lugar principal da obra: ES111 Ordes (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de abastecemento e saneamento a Canedo desde Mesón do Vento. Ordes (A Coruña). Referencia de expediente: AUG-2024-0079.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 562.667,16 euros. Importe total: 680.827,26 euros.
8. Valor estimado do contrato: 562.667,16 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 16 de decembro de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 12.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 12.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 13 de xaneiro de 2025.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Construcciones y Obras Taboada Ramos, S.L.U.
14.2) NIF: B94181807.
14.3) Enderezo: polígono industrial Lalín 2000, parcela C-26. 36500 Lalín (Pontevedra).
14.4) Código NUTS: ES114.
14.5) Correo electrónico: taboadayramos@taboadayramos.com
14.6) Fax: 986 78 76 99.
14.7) Teléfono: 986 78 75 02.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 535.265,27 euros. Importe total: 647.670,98 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do dito Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 de España, en Galicia, na intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais, e subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de maio de 2024.
Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 18 de decembro de 2024.
Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 17 de xaneiro de 2025.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
