DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2025 Páx. 17366

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 10 de marzo de 2025 pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-máster para estudantado do Campus de Ourense durante o curso 2024/25.

BDNS (Identif.) 819779.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/819779).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado en titulacións de máster universitario en centros propios do Campus de Ourense no curso 2024/25.

Segundo. Obxecto

O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón realizar estudos de máster universitario para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-máster para estudantado do Campus de Ourense durante o curso 2024/25.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de quince mil euros (15.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 11 ata o 31 de marzo de 2025.

Vigo, 10 de marzo de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense