Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 106/2025 (procedemento ordinario), interposto por David Rodríguez Lorenzo contra a Resolución do 11 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos, convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG número 245, do 20 de decembro de 2024), na categoría profesional de grupo técnico da función administrativa.
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
