DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2025 Páx. 17777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e tentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que estes se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas. Estas son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación, e advírteselles que, de non facelo así, se terán por notificadas ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar, ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 27 de febreiro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Número de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimiento

36/00373-I/23

36111686F

Requirimento de documentación

2.5.2024

36/00430-I/23

X5520454V

Requirimento de documentación

30.4.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Número de DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimiento

36/00044-X/23

42034232F

Requirimento de documentación

27.2.2023