No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 22, do 3 de febreiro de 2025, e no número 33, do 18 de febreiro de 2025 (anuncio corrección), foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir mediante o nomeamento de funcionario de carreira unha praza de axudante electricista, integrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, pertencente ao grupo de clasificación profesional: agrupacións profesionais (código na RPT 05.03.02.03), polo sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 25 de febreiro de 2025
Gonzalo Louzao Dono
Alcalde
