No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 34, do 19 de febreiro de 2025, foron publicadas íntegramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir en propiedade como persoal laboral fixo unha praza de conserxe para a Escola da Música (código na RPT 07.06.00.08) pertencente ao grupo V, vacante no cadro de persoal laboral deste concello.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 25 de febreiro de 2025
Gonzalo Louzao Dono
Alcalde
