En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo terceiro, e no 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 11 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada por Unións Agrarias-UPA o 12 de novembro de 2024,
DISPOÑO:
Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unións Agrarias-UPA, a Marta Labandeira Rey.
Santiago de Compostela, cinco de marzo de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
