O Consello de Administración de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. acordou, na súa reunión do 13 de febreiro de 2025:
Primeiro. Anunciar a convocatoria do proceso selectivo de oito prazas incluídas na oferta de emprego público 2024 da Xunta de Galicia.
Segundo. Aprobar a convocatoria de concurso-oposición, pola quenda xeral, para 3 prazas de arquitectos/as, 2 de técnico/a xurídico/a e 2 de administrativo/a, así como 1 de arquitecto/a pola quenda de discapacidade, que se rexerán polas bases do proceso de selección, que serán publicadas na páxina web: www.vivendapublica.gal
O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 20 días hábiles contados desde o día da publicación no DOG.
As solicitudes de participación presentaranse no Rexistro de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. (local 25-Z, 1º andar, Área Central, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), ou nas oficinas de Correos. Neste caso, deberase notificar o envío da documentación mediante correo electrónico ao enderezo: vipugal@vivendapublica.gal, no mesmo día da presentación.
Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincide en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
María Doporto Santos
Xerente de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.
