DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2025 Páx. 18192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A15.82980.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 24 de febreiro de 2025 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse a Ganadería Gaiolo, S.C., a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 21 de febreiro de 2023, modificación que consiste no cambio do punto de captación, que se realizará de xeito superficial no rego Presa do Muíño, para aproveitar 0,25 l/segundo de auga, no lugar de Niñán, na parroquia dos Vaos (San Tomé), no concello de Mazaricos (A Coruña), con destino a uso gandeiro.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións