DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2025 Páx. 17937

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade á adhesión dunha entidade financeira ao Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre este instituto e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 26 de decembro de 2024, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). As ditas bases foron publicadas mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2025 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2025 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro), publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, con data do 3 de marzo de 2025, adhírese a entidade financeira Ibercaja Banco, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Ibercaja Banco, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica