DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2025 Páx. 18396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2021/00153 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

A Coruña, 7 de marzo de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2021/00153

Y8729475T

AC-2014/00609

Y3921027R