DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Pontevedra no expediente PR204A 2025/720-4 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuita en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9ª, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 7 de marzo de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2025/720-4

35308885K

PR204A 2025/780-4

36172804Z

PR204A 2025/926-4

35484689J

PR204A 2025/977-4

73240725P