DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa nos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2024/60-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núm. 170 e 176, situada nos concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requeridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 10 de marzo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/60-3.

Instalación: regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios núm 170 e 176.

Concellos: Esgos e Xunqueira de Espadanedo.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

3

Penedos

32032A002007320000JS

Descoñecido

Titular descoñecido

6.3.2025

4

Castiñeira

32038A043000580000KQ

José Formoso

Enderezo descoñecido

6.3.2025

5

Castiñeira

32038A043000660000KM

Comunal Veciños de Paradela

Enderezo descoñecido

6.3.2025