DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2025 Páx. 18640

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2025 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir catro prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 4 (catro) policía portuaria.

Tipo de contrato: contrato fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, peirao de Pasaxeiros, núm. 1, e tamén na páxina web www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 26 de febreiro de 2025

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa