De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación co procedemento sancionador, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE núm. 75, do 29 de marzo, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm.194, do 11 de outubro), son notificados ás persoas indicadas no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 11 de marzo de 2025
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/NIF |
Acto de notificación |
|
ANI-CO-0015/2025-V |
DNI 48113912M |
Acordo de inicio |
|
ANI-CO-0117/2024-V |
DNI 79345029C |
Proposta de resolución |
|
ANI-CO-0106/2024-V |
NIF X2759108M |
Resolución |
