De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas e que figuran no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.
O expediente está no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-1º andar, onde as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada poderá interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos, no caso de oposición á dita resolución administrativa, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
A Coruña, 3 de marzo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoas interesadas |
Data da resolución |
Efectos da resolución |
|
2022/212/15 |
Y2520508K, 54224353J |
16.12.2024 |
Establecemento de medida administrativa |
