Expediente: IN407A 2022/436 modificado.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70.
Concello: Redondela.
Feitos:
1. O 19.10.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 23 de decembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de xaneiro de 2023, xornal Faro de Vigo do 8 de febreiro e taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.
3. O 29.3.2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industrial e Innovación ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/436-4), publicada no DOG do 26 de abril de 2023, coas seguintes características:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 566 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 566 metros, coa orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709. Centro de transformación compacto telecontrolado a 400 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado no lugar de Reboreda, na parcela con referencia catastral 3222609NG3832S0001WG. A instalación está situada en Reboreda, no municipio de Redondela (Pontevedra).
4. O 24.10.2023, UFD Electricidad, S.A. presentou unha modificación do proxecto orixinal para atender as condicións do Concello de Redondela. Isto provocou cambios na saída do centro de transformación, na orientación das afeccións iniciais e na lonxitude da liña de media tensión subterránea proxectada.
A solicitude inclúe o proxecto modificado de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 53.305,65 euros.
Tamén se acompaña unha nova relación de bens e dereitos afectados coas seguintes afeccións:
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
CT |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Reboreda |
Urbano |
3222609NG3832S0001WG |
Descoñecido/a |
23,39 |
5,00 |
18,71 |
5. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Redondela e a Deputación Provincial de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Redondela.
A Deputación Provincial de Pontevedra non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
6. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 26 de decembro de 2023 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 22.1.2024.
Xornal Faro de Vigo: 17.1.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello de Redondela desde o 5.1.2024 ata o 15.2.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.
Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
7. O 12.11.2024, UFD presentou unha actualización das afeccións da relación de bens e dereitos afectados xa que detectou discrepancias cos planos parcelarios. Polo tanto, as afeccións pasan a ser as seguintes:
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
CT |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Reboreda |
Urbano |
3222609NG3832S0001WG |
Descoñecido/a |
16,81 |
10,90 |
54,86 |
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 237 metros, coa orixe no empalme coa LMTS RED 709 e final no centro de transformación (CT) proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola. A segunda é de 237 metros, coa orixe no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Reboreda Carambola e final no empalme coa LMTS RED 709.
– Centro de transformación compacto telecontrolado a 400 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado no lugar de Reboreda, na parcela con referencia catastral 3222609NG3832S0001WG.
– A instalación está situada en Reboreda, no municipio de Redondela (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Deixar sin efecto a Resolución do 29 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/436- 4).
2. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70, expediente IN407A 2022/436 modificado, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto modificado de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
4. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
7. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 28 de febreiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
CT |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Reboreda |
Urbano |
3222609NG3832S0001WG |
Descoñecido/a |
16,81 |
10,90 |
54,86 |
