Mediante a Resolución do 13 de febreiro de 2025, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, instalacións eléctricas no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/082-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas titulares do predio que no anexo se relacionan para ser notificadas por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez número 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 10 de marzo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2024/082-3.
Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.
Denominación da instalación: liña MT soterrada e CT caseta 100 kVA Bacelo.
Termo municipal: lugar de Bacelo, concello da Arnoia.
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32004A023004850000PG.
Lugar: Palomar.
Uso principal: agrario.
Titular: María Luisa Domínguez Vázquez.
Afeccións: ocupación de 11,04 m2 para o CT e 3,97 m2 para acceso e canalización soterrada.
