DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2025 Páx. 18787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente LU-0027-2024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LU-0027-2024 á persoa interesada con número de identificación fiscal V27465384.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística