Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT SCY806 apoio A759AGMA//C22-1, no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/208-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo están ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no BOE, para solicitar a remisión dos documentos citados ao enderezo que sinalen.
Dispoñen de quince (15) días de prazo para chegar a un acordo amigable coa empresa beneficiaria. Unha vez finalizado este trámite, terán vinte días para presentar a súa folla de valoración.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 13 de marzo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/208-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT SCY806 apoio A759AGMA//C22-1.
Concello: Santiago de Compostela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
1 |
6589105NH3468H0000ZG |
Descoñecida |
1.4.2025 |
