DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2025 Páx. 18941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade da formalización da encarga a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) do servizo de asistencia técnica e apoio cualificado na xestión e desenvolvemento da dixitalización e homoxeneización dos datos das redes de seguimento do estado das masas de auga na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente ENC.24002).

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos seus poderes adxudicadores dependentes delas. O expediente foi tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, e segundo o disposto na demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais:

1.1. Entidade que confire a encarga: a entidade pública empresarial Augas de Galicia adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo do cal se poida obter información sobre a encarga formalizada:

1.12.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encarga a medio propio personificado:

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encarga a medio propio personificado da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Obxecto: servizo de asistencia técnica e apoio cualificado na xestión e desenvolvemento da dixitalización e homoxeneización dos datos das redes de seguimento do estado das masas de auga na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

2.3. Clave de expediente: ENC.24002.

2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV 71300000-1 (servizos de enxeñaría).

2.5.Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES111, ES112 e ES114.

2.6. Empresa destinataria da encarga: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), con NIF A79365821.

2.7. Data de aprobación: 5 de marzo de 2025.

2.8. Data de formalización: 10 de marzo de 2025.

2.9. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 12 de marzo de 2025.

2.10. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.10.1. Orzamento: 354.212,92 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.10.2. Importe total previsto do gasto: 354.212,92 euros. Coincide co orzamento da encarga.

2.11. Duración:

2.11.1. Prazo de execución: 18 meses.

2.11.2. Admisión de prórrogas da encarga: non proceden prórrogas con incremento de gasto.

2.11.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que fosen necesarias.

2.12. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental da encarga publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si procede.

Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Actuación financiada cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II «Infraestruturas e ecosistemas resilientes», compoñente 5: «Preservación do litoral e recursos hídricos»; medida: investimento 3 (C5.I3) «Transición dixital no sector da auga (vixilancia e control do entorno dixital)»; fito CID 426 «Posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos»; proxecto 01 (C05.I03.P01) «Mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos»; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13) «PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia».

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia