DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2025 Páx. 19137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT, CT As Gándaras, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT As Gándaras, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 14 de marzo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/242-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT As Gándaras.

Concello: Salvaterra de Miño.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

1

36050A068003230000PK

Bouza

Descoñecido

2

36050A068003190000PO

Campo da Fonte

Descoñecido

3

36050A068003200000PF

Campo da Fonte

Descoñecido

4

36050A068600020000PS

Campo da Fonte

Descoñecido

Concello: As Neves.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

5

36034A074001280000HI

Sobreiro

Descoñecido

6

36034A073006260000HK

As Gándaras

Descoñecido