A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 26 de decembro de 2024, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 20 de febreiro de 2012, 31 de xaneiro de 2014 e do 10 de febreiro de 2023 no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU3/36/2011 (procedemento de execución forzosa LU-0116-2024).
Ao non poderse realizar a notificación da resolución á persoa interesada con DNI número 33337396T, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
