DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19449

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 3, 34, 36, 37, 43, 54, 54B, 66, 71, 94, 98 e 101 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizados os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 3, 34, 36, 37, 43, 54, 54B, 66, 71, 94, 98 e 101 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro); e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles os destinos definitivos, e segundo a base V.5 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 3, 34, 36, 37, 43, 54, 54B, 66, 71, 94, 98 e 101 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base V.5 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución por categorías. As persoas aspirantes elixirán as prazas á categoría a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría á que accede. A devandita exclusión non suporá dereito a indemnización. O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo.

2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. Neste punto, lémbrase que de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deberán permanecer en servizo activo na devandita categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da categoría a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se atopase incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles, renunciando expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

2. Aspirantes que se atopan na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles conforme o establecido na disposición terceira desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos nos que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, renunciando expresamente ao outro, sempre que non se tivese producido aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados.

Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.

Oitavo. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Relación de aprobados

Categoría 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***4194**

Rodríguez Rodeiro, María Isabel

Libre

2

***1716**

Rial Verde, Matilde

Libre

3

***1768**

Villaverde Rodríguez, Ana Belén

Libre

4

***1637**

González Marquina, Benjamín

Libre

5

***1960**

Álvarez Castro, Jorge

Libre

6

***7671**

Iglesias Fernández, María

Libre

7

***3214**

Mallo Añón, José Manuel

Libre

8

***2322**

Souto Carballido, Roberto

Libre

9

***6105**

Araújo González, David

Libre

Categoría 34. Especialista de oficios (debuxante).

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***9024**

Gallego Blanco, Araceli

Libre

2

***9250**

Cancio Martínez, Marta María

Libre

Categoría 36. Experto/a audiovisuais.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***3877**

Sande García, José Manuel

Libre

Categoría 37. Técnico/a de son.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***6854**

Vázquez Ríos, Guillermo

Libre

Categoría 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***1827**

Rodríguez Fraga, Fernando

Libre

Categoría 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***7222**

Otero Vigo, Ángela

Libre

2

***0200**

Lourido Castiñeiras, Carlota

Libre

3

***5315**

Martínez Vázquez, Concepción

Libre

4

***6793**

Basteiro Carro, Ruth María

Libre

5

***6724**

Castro Carrera, María Luz

Libre

Categoría 54B. Hixienista dental.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***7164**

Liñares Mallón, Jesús

Libre

2

***6958**

Areán Rodríguez, María José

Libre

Categoría 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***6804**

Bueses Costas, María Pilar

Libre

Categoría 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***3876**

Rodríguez Piñeiro, Julia

Libre

Categoría 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***0604**

Díaz Lorente, Beatriz

Libre

2

***4362**

Pacios Martínez, Juan Carlos

Libre

Categoría 98. Auxiliar de luces.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***8784**

Cabado Modia, María Josefa

Libre

Categoría 101. Proxeccionista.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***5625**

Rodríguez Armada, José María

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Categoría 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

MRC992001015060009

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

2

MRC992001015060008

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

3

MRC992002015190005

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Carballo

Servizos periféricos

Carballo

III

3

4

MRC992003015350005

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Betanzos-Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

III

3

5

MRC050010432260110

Controlador/a pecuario/a

MR

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Coles

III

3

B10 // B11 // B18

6

MRC992001015060006

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

7

MRC991050115001025

Controlador/a pecuario/a

MR

Servizo de Gandaría (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

3

8

MRC991050132001103

Controlador/a pecuario/a

MR

Servizo de Gandaría (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

III

3

9

MRC992001015060007

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

B10 // B11

Categoría 34. Especialista de oficios (debuxante).

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

EDC991000032001610

Debuxante

CU

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

III

34

Xornada mañá ou tarde // B14

2

EDC995020127100022

Debuxante

CU

Museo Castro de Viladonga (Lugo)

Servizos periféricos

Castro de Rei

III

34

Xornada mañá ou tarde // B14

Categoría 36. Experto/a audiovisuais.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

1

EDA194080115001018

Experto/a en audiovisuais

CU

Filmoteca de Galicia

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)-Servizos periféricos

A Coruña

III

36

Categoría 37. Técnico/a de son.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

EDA110000515770056

Técnico/a de son

CU

Departamento de Produción Teatral

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago de Compostela

III

37

Dispoñibilidade horaria

Categoría 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Formación

Observacións

1

EDA110000515770035

Encargado/a de taller de escenografía

CU

Departamento de Produción Teatral

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago de Compostela

III

43

Permiso de conducir B (R.I.)

Dispoñibilidade horaria// B12 = 644,88 €

Categoría 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

SAC991000415001058

Técnico/a especialista radioloxía cancro de mama

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

54

Mobilidade xeográfica

2

SAC991000415001057

Técnico/a especialista radioloxía cancro de mama

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

54

Mobilidade xeográfica

3

SAC991000436001050

Técnico/a especialista radioloxía cancro de mama

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

III

54

Mobilidade xeográfica

4

SAC991000415001055

Técnico/a especialista radioloxía cancro de mama

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

54

Mobilidade xeográfica

5

SAC991000415001056

Técnico/a especialista radioloxía cancro de mama

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

54

Mobilidade xeográfica

Categoría 54B. Hixienista dental.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

1

SAC030000315770055

Hixienista dental

SA

S. X. de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

III

54bis

2

SAC991000415001050

Hixienista dental

SA

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

54bis

Categoría 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

Observacións

1

EDC994090132001010

Adxunto/a de taller

ED

CEE Miño (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

III

66

Segundo convenio

B10 // B18

Categoría 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

1

EDC994030115060010

Oficial de primeira xardineiro/a

ED

IES de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

71

Segundo convenio

Categoría 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

EDA194080115001011

Técnico/a auxiliar de imaxe e son

CU

Filmoteca de Galicia

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)-Servizos periféricos

A Coruña

III

94

2

EDA110000515770059

Técnico/a auxiliar de imaxe e son

CU

Departamento de Produción Teatral

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago de Compostela

III

94

Dispoñibilidade horaria

Categoría 98. Auxiliar de luces.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

Observacións

1

EDA110000515770054

Auxiliar de luces

CU

Departamento de Produción Teatral

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Santiago de Compostela

III

98

Bacharelato superior/FP2

Dispoñibilidade horaria

Categoría 101. Proxeccionista.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Observacións

1

EDA194080115001012

Proxeccionista

CU

Filmoteca de Galicia

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)-Servizos periféricos

A Coruña

III

101

Xornada mañá ou tarde