DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19555

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Cabeiro

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Basilio Fernández Bastos, veciño da parroquia de Cabeiro, concello de Redondela (Pontevedra), convoca a todos os comuneiros á asemblea xeral ordinaria no centro cultural o domingo día 13 de abril de 2025, en primeira convocatoria ás 10.30 horas e en segunda convocatoria ás 11.00 horas, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Memoria deste período; obras realizadas e pendentes.

3. Relación de gastos e ingresos; aprobación das contas. Autorización para pedir subvencións.

4. Ratificación da cota e dos litros de consumo diario.

5. Aumento do fondo de reserva.

6. Baixas e transmisións.

7. Proposta de corte da subministración de auga do contador nº 175.

8. Elección da nova Xunta Directiva e Xurado.

9. Rogos e preguntas.

Redondela, 17 de marzo de 2025

Basilio Fernández Bastos
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Cabeiro