En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Concepción Oural Rivas.
DNI: ***6759**.
Expediente: DH.W27.104686.
Lugar: Lavandeira.
Parroquia: San Xurxo de Lourenzá.
Concello: Lourenzá.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na construción dun peche na parcela con referencia catastral 27027C004007650000DT, na zona de policía do rego de Requeixas.
A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 27 de febreiro de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
