DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2025 Páx. 19545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2025 polo que se notifica o acordo de inicio dun procedemento de declaración de reintegro dun importe indebidamente percibido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a través do sistema de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia, notifícaselle á entidade interesada que se indica no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento de declaración de reintegro dun importe indebidamente percibido.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

PM24-0098

Plan marco de mellora de camiños municipais no concello de Valdoviño

P1508800H

Acordo de inicio dun procedemento de declaración de reintegro dun importe indebidamente percibido