DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación e plan de restauración para ampliación de superficie da concesión de explotación Richinol número 7139, nos concellos de Melide e Santiso (A Coruña) (expediente 2020/0229).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 18 de marzo de 2025, do proxecto de explotación e plan de restauración para a ampliación de superficie da concesión de explotación Richinol núm. 7139, nos concellos de Melide e Santiso (A Coruña), promovido por Canteras de Richinol, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade