Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo; a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas, para a cal son requiridas e se lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, co apercibimento de que, en caso de persistencia no incumprimento, pasado este prazo, o Concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos:
|
Expediente núm. |
Ref. catastral |
Acto notificado |
Interesados/a |
|
2021/X999/000189 |
15065A504051250000HU |
Decreto 188/2024, do 19 de abril |
Herdeiros de Antonio Vidal Cagiao |
Paderne, 11 de marzo de 2025
Sergio Platas Casal
Alcalde
