DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2025 Páx. 19875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Unha vez finalizado o proceso selectivo referente á convocatoria para cubrir unha praza de peón de obras maquinista e unha praza de profesor de música, especialidade trompeta, como persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022, e publicadas no BOP de Ourense número 155, do 12 de agosto de 2024, con corrección de erros no BOP de Ourense número 181, do 18 de setembro de 2024; extracto no DOG número 161, do 22 de agosto de 2024, con corrección de erros no DOG número 192, do 4 de outubro de 2024, e no BOE número 264, do 1 de novembro de 2024, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 14 de marzo de 2025 efectuouse o nomeamento como persoal laboral fixo das seguintes persoas:

Posto

Denominación do posto

Nome, apelidos e DNI

03.02.00.03

05.00.00.05

Peón de obras maquinista

Profesor de música, especialidade trompeta

Delsidio Nóvoa Nóvoa ***5504**

Raúl Álvarez Iglesias ***8077**

O anterior publícase para os efectos da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

San Cibrao das Viñas, 25 de marzo de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa