De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con datas do 20 de febreiro e do 18 de marzo de 2025, dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:
Informe de fiscalización das entidades locais menores de Galicia. Exercicio 2021. Actuación [1702023-05].
Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade Concello da Coruña, exercicio 2023 [1702023-08].
Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade Concello de Vigo, exercicio 2023 [1702023-08].
Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade Concello de Ourense, exercicio 2023 [1702023-08].
Ligazón para acceder aos textos completos dos informes:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
