DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Chan do Monte a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santo Estevo de Budiño, na parroquia de Santo Estevo de Budiño, concello de Salceda de Caselas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 14 de xuño de 2017, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salceda de Caselas.

Parroquia: Santo Estevo de Budiño.

Nome do monte: Chan do Monte.

Cabida: 7.092,56 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: estrada municipal de Bouzapanda e A Ameixeira.

Sur: Eladio Pérez Rodríguez (parcela 774) e Dulcísima Ramírez Alonso (parcela 763).

Leste: Dulcísima Ramírez Alonso (parcela 763), Ramón Carrera Fernández (parcela 752) e estrada de Chan do Monte e Borralliño.

Oeste: estrada municipal de Chan do Monte a Sobredo.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 14 de marzo de 2025

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora