DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de execución de galería de investigación xeolóxica para as cavernas do aproveitamento hidroeléctrico Conso II, no concello de Vilariño de Conso (Ourense) (expediente 2025/0002).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 18 de marzo de 2025 do proxecto de execución de galería de investigación xeolóxica para as cavernas do aproveitamento hidroeléctrico Conso II, no concello de Vilariño de Conso (Ourense), promovido por Iberdrola Generación, S.A.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade