DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de extinción da entidade Las Puertas del Éxito, S. Coop. Galega Xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 65 e na disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que esta dirección territorial, o 19 de marzo de 2025, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de extinción da entidade Las Puertas del Éxito, S. Coop. Galega Xuvenil, acordado na reunión da asemblea xeral da entidade que tivo lugar o 11 de marzo de 2025, en que tamén se aprobou, por unanimidade, o balance final de liquidación, que resulta a totalidade do activo e do pasivo igual a cero euros (0 €).

Lugo, 19 de marzo de 2025

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo