DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2025 Páx. 20085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de febreiro de 2025 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60% do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo da obra de mellora das infraestruturas de saneamento no concello de Salvaterra de Miño. Nova estación depuradora de augas residuais no Mendo (localización modificada). Salvaterra de Miño (Pontevedra) (expediente AUG-2024-0075).

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 12 de marzo de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 16900, onde consta o emblema europeo coa declaración de financiamento e lema xunto co logotipo do ministerio competente a continuación do título da resolución:

« logo 1 augas.pdf »

Debe constar o emblema europeo coa declaración de financiamento correspondente ao marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 (PEPAC) en Galicia, xunto co logotipo do ministerio competente:

« logo 2 augas.pdf »