Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.
A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.
O artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que a representación dos intereses sociais no Consello Social lles corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou a presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.
O Consello Social da Universidade da Coruña comunícalle á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a designación de Santiago Zapata Seoane como representante da Confederación de Empresarios de A Coruña no dito consello social, en substitución, por renuncia, de Andrés Lucendo Monedero.
De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro.
A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.
O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear a Santiago Zapata Seoane representante da Confederación de Empresarios de A Coruña no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución, por renuncia, de Andrés Lucendo Monedero.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
