En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: soterramento da LMT CCH802 no tramo entre os apoios número 128 e número 135.
Situación: lugar de Bande, concello de Bande.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución na LMTA CCH802 dos apoios número 128 e número 135 por novos apoios de celosía metálica, do tipo C-14/7000 e do tipo C-16/7000, respectivamente, que realizarán a función de final de liña. Retensado dos condutores existentes do tipo LA-110 sobre os novos apoios.
• Desmonte do tramo da LMT CCH802 existente entre os apoios proxectados número 128 e número 135.
• Substitución do centro de transformación denominado Grupo Escolar Bande-32CS71 por un novo centro de transformación do tipo prefabricado compacto superficie de manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P, con transformador de 250 kVA e r/t 20.000/400 V, que se sitúa na mesma localización có existente.
• LMTS, a 20 kV, de 1.295 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1x240) mm² Al, con orixe no apoio proxectado número 128 e final no apoio proxectado número 135 da LMT CCH802, despois de realizar entrada/saída no centro de seccionamiento existente CCL Bande-32CQ06 e no centro de transformación proxectado indicado no punto anterior.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2.233 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor), o 19.12.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo deste acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O anterior faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa deste acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez número 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 11 de marzo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2025/018-3.
Situación: lugar de Bande, concello de Bande.
Denominación: soterramento da LMT CCH802 no tramo entre os apoios númerp 128 e número 135.
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32007A007000020000XI.
Lugar: Outeiro.
Cultivo: labradío.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 128.
Predio número en proxecto: 2; referencia catastral: 32007B501000960000GG.
Lugar: Labaza.
Cultivo: labradío.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 135.
